Blob Blame History Raw
<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<page xmlns="http://projectmallard.org/1.0/" type="topic" style="question" id="color-calibrationcharacterization" xml:lang="gl">
<info>
<link type="guide" xref="color#calibration"/>
<desc>A calibración e a caracterización son cousas totalmente distintas.</desc>
<credit type="author">
<name>Richard Hughes</name>
<email>richard@hughsie.com</email>
</credit>
<include xmlns="http://www.w3.org/2001/XInclude" href="legal.xml"/>
<mal:credit xmlns:mal="http://projectmallard.org/1.0/" type="translator copyright">
<mal:name>Fran Dieguez</mal:name>
<mal:email>frandieguez@gnome.org</mal:email>
<mal:years>2011-2018</mal:years>
</mal:credit>
</info>
Ao principio moita xente está confundida coa diferenza entre calibración e caracterización. A calibración é o proceso de modificar o comportamente de cor dun dispositivo. Xeralmente realízase a través de dous mecanismos:
<list>
<item>
Cambiando os controis ou preferencias internacionais que ten
</item>
<item>
Aplicando curvas ás súas canles de cor
</item>
</list>
A idea de calibración é a de poñer un dispositivo nun estado definido dependendo da súa resposta de cor. Xeralmente úsase como un instrumento do día a día para manter un comportamento reproducíbel. Tipicamente, a calibración almacénase en formatos de ficheiro específicos de dispositivo ou sistema que gardan a configuración do dispositivo ou curvas de calibración por canle.
A caracterización (ou perfilado) é gravar a forma na que un dispositivo reproduce ou responde á cor. Xeralmente o resultado almacénase nun perfíl ICC de dispositivo. Tal perfil non modifica por si mesmo a cor en ningunha medida. Permite ao sistema tal como o CMM (módulo de xestión de cor, «Color Management Module») ou a un aplicativo capaz de xestionar cor, modificar a cor ao combinarse con outro perfil de cor. Só sabendo as características de dous dispositivos se pode transferir a cor dun dispositivo a outro.
<note>
Teña en conta que unha caracterización (perfil) só será válida para un dispositivo se está no mesmo estado de calibración no que estaba cando se caracterizou.
</note>
No caso de perfiles de pantalla existe certa confusión adicional xa que a información de calibrado almacénase no perfil de conveniencia. Por convenio, almacénase nunha etiqueta denominada cvgt. Aínda que se almacena no perfil, ningunha das ferramentas ou aplicativos normais baseadas en ICC a teñen en conta. De igual forma, as ferramentas de calibrado e aplicativos típicos non son conscientes nin traballan coa información de caracterización (perfíl) ICC.
</page>