Tiffany Antopolski tiffany.antopolski@gmail.com Proxecto de documentación de GNOME gnome-doc-list@gnome.org Michael Hill mdhillca@gmail.com Use Déjà Dup (ou outro aplicativo de copias de respaldo) para facer copias dos seus ficheiros valiosos e da súa configuración para evitar perdas. Fran Dieguez frandieguez@gnome.org 2011-2018 Como facer copias de respaldo

A forma máis doada de facer copias de seguranza dos seus ficheiros e configuración é deixar a un aplicativo de copias de seguranza que xestione os procesos de respaldo. Hai un certo número de aplicativos de copia de seguranza, por exemplo Déjà Dup.

A axuda para o aplicativo de respaldo seleccionado por vostede guiaralle a través das preferencias para o seu respaldo, así como a forma de restarurar os seus datos.

Unha opción alternativa é copiar os seus ficheiros nun lugar seguro, como un disco duro externo, outro equipo da rede ou unha unidade USB. Os seus ficheiros persoais e opcións normalmente están no seu cartafol persoal, polo que cópieos desde alí.

A cantidade de datos que pode respaldar está limitada polo tamaño do seu dispositivo de almacenamento. Se ten espazo dabondo no seu dispositivo de respaldos, é mellor facer unha copia de respaldo do seu cartafol persoal coas seguintes excepcións:

Ficheiros que xa foron respaldados nalgún outro lugar, como un CD, DVD ou outro medio extraíbel.

Ficheiros que se poden recrear de forma sinxela. Por exemplo, se é un programado, non ten que que facer unha copia de respaldo dos ficheiros que se producen ao compilar programas. No lugar, só asegúrese de facer unha copia de respaldo dos ficheiros orixe.

Calquera ficheiro no cartafol Lixo. O seu cartafol Lixo pode atoparse en ~/.local/share/Trash.