Shaun McCance shaunm@gnome.org Jim Campbell jwcampbell@gmail.com Michael Hill mdhillca@gmail.com 2012 Expulsar ou desmontar unha memoria USB, un CD, un DVD ou outro dispositivo. Fran Dieguez frandieguez@gnome.org 2011-2018 Extraer unha unidade externa de forma segura

Cando use dispositivos de almacenamento externo, como memorias USB ou similares, deberá extraelos con seguranza antes de desconectalos. Se simplemente desconecta o dispositivo, corre o risco de facelo cando o aplicativo aínda o está usando. Isto podería provocar que algúns dos seus ficheiros se perdan ou se danen. Cando use un disco óptico como un CD ou DVD, poderá seguir estes mesmos pasos para expulsar o disco do seu computador.

Formatar un disco extraíbel:

Desde a vista Actividades abra Ficheiros.

Localizar o dispositivo na barra lateral. Debería ter unha icona de extracción pequena ao carón do nome. Prema a icona de extracción para quitar de forma segura ou extraer o dispositivo.

Logo prema co botón dereito sobre un espazo en branco e seleccione pegar.

Extraer unha unidade externa de forma segura

Se algún dos ficheiros almacenados no dispositivo está aberto por calquera aplicativo non poderá extraer o dispositivo con seguranza. Aparecerá unha xanela dicíndolle que O volume está ocupado. Para extraer de forma segura o dispositivo:

Prema Cancelar.

Peche todos os ficheiros do dispositivo.

Prema a icona de extraer para retirar de forma segura ou extraer o dispositivo.

Logo prema co botón dereito sobre un espazo en branco e seleccione pegar.

Tamén pode seleccionar Extraer de tódolos xeitos para extraer o dispositivo sen pechar os ficheiros. Isto pode causar erros en aplicativos que teñen ditos ficheiros abertos.