Shaun McCance shaunm@gnome.org Michael Hill mdhillca@gmail.com Ekaterina Gerasimova kittykat3756@gmail.com Facer que as xanelas e os botóns da pantalla sexan máis (ou menos) vívidos, para que sexan máis fáciles de ver. Fran Dieguez frandieguez@gnome.org 2011-2018 Axustar o contraste

Pode axustar o contraste das xanelas e os botóns para que se vexan de forma máis doada. Isto non é o mesmo que cambiar o brillo de toda a pantalla; só cambiarán partes da interface de usuario.

Abra a vista de Actividades e comece a escribir Acceso universal.

Prema sobre Acceso universal para abrir o panel.

Troque Contraste alto a I na sección Vista.

Activar e desactivar rapidamente o contraste alto

Pode activar ou desactivar o contraste alto premendo na icona de accesibilidade desde a barra superior e seleccionando Contraste alto.