Shaun McCance shaunm@gnome.org 2011–2012 Playing, mixing, and manipulating sound and video Fran Dieguez frandieguez@gnome.org 2009-2013. Leandro Regueiro leandro.regueiro@gmail.com 2011. GStreamer

GStreamer é unha biblioteca multimedia moi potente para reproducir, crear e manipular sons, vídeo e outros tipos de media. Pode usar GStreamer para fornecer reprodución de son e vídeo, gravar unha entrada de múltiples fontes e editar contido multimedia. GStreamer é compatíbel de forma predeterminada coa codificación e decodificación de numerosos formatos, ademais pode engadir compatibilidade a máis formatos mediante o seu sistema de engadidos.

GStreamer fornece unha arquitectura flexíbel na que se procesa o contido multimedia a través dunha «pipeline» de elementos. Cada elemento pode aplicar filtros ao contido, tales como codificación e decodificación, combinar múltiples fontes ou transformar o contido multimedia. Esta arquitectura permítese para un grupo arbitrario de elementos, de tal forma que virtualmente pode levar a cabo calquera efecto ao usar GStreamer. Ademais GStreamer está deseñado para non requirir exceso computacional, de tal forma que pode usarse en aplicativos con altas latencias.

Á vez que GStreamer fornece unha potente API para manipular contido multimedia, tamén fornece rutinas convenientes para unha reprodución sinxela. GStreamer pode construír automaticamente un «pipeline» para ler e reproducir ficheiros en calquera dos formatos compatíbeis, permitíndolle usar de forma doada son e vídeo no seu aplicativo.

A arquitectura de GStreamer permite que os engadidos engadan codificadores, decodificadores e todo tipo de filtro de contidos. Os desenvolvedores de terceiras partes poden fornecer engadidos para GStreamer para todos os aplicativos que usen GStreamer. Os engadidos poden fornecer compatibilidade para outros formatos multimedia ou fornecer funcionalidades e efectos adicionais.

Debería usar GStreamer sempre que precise ler ou reproducir contido multimedia no seu aplicativo, ou se o seu aplicativo precisa manipular son ou vídeo. Usar GStreamer fará máis sinxelo o desenvolvemento do seu aplicativo e fornecerá elementos fiábeis para moitas das súas necesidades.

Manual de desenvolvemento de aplicativos GStreamer

The GStreamer 1.0 Core Reference Manual

Páxina de documentación de GStreamer

Sitio web de GStreamer