Shaun McCance shaunm@gnome.org 2011–2012 Desktop-wide addressbook for contacts and calendar Fran Dieguez frandieguez@gnome.org 2009-2013. Leandro Regueiro leandro.regueiro@gmail.com 2011. Servidor de datos de Evolution

O servidor de datos de Evolution (Evolution Data Server) fornece unha única axenda de enderezos e un calendario que todos os aplicativos poden usar para almacenar e recuperar información. Usar o servidor de datos de Evolution significa que os usuarios non terán que manter listas de contactos separadas por aplicativo ou copiar manualmente acontecementos entre os calendarios.

A xente cada vez emprega máis os equipos para interactuar cos amigos e colegas. Os aplicativos tales como clientes de correo electrónico, mensaxaría instantánea e videoconferencia úsanse para comunicarse uns con outros. Estes aplicativos a miúdo fornecen listas de contactos para axudar aos usuarios. Ao usar o servidor de datos de Evolution, os aplicativos poden almacenar a información dos contactos nunha única localización, permitindo a todos os aplicativos ver todos os datos pertencentes aos contactos do usuario.

Os aplicativos tamén poden usar o servidor de datos de Evolution para almacenar e recuperar citas do calendario de usuario. Por exemplo, o reloxo do panel mostra un calendario sinxelo cando se preme sobre el. Se o usuario ten unha cita planificada mostrarase neste calendario. Isto fai máis sinxelo ver as citas próximas sen ter que abrir un aplicativo de calendario completo.

Referencia da API de Evolution: libebook

Referencia da API de Evolution: libecal